Saturday 11 de May de 2024

Inés Rey presenta o novo Goberno municipal que afrontará a segunda gran modernización da Coruña


A estrutura está baseada en tres grandes piares: a economía e planificación urbana, benestar social e a fomento e promoción da cidade

A alcaldesa asumirá de forma directa as áreas de Barrios, Axenda Urbana e Proxectos Europeos, así como a relación con outras administracións

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá o novo Goberno municipal do seu segundo mandato, un Goberno deseñado para afrontar a segunda gran modernización da cidade. “Tal e como me comprometín no meu discurso de investidura, neste mandato asumo o reto de impulsar a segunda modernización da cidade que estará baseada en tres grandes piares: a dinamización económica e planificación urbana, a protección social e a proxección da cidade” sinalou a rexedora.

Rey explicou que a estrutura do novo goberno local responde a esos tres eixos clave, con tres grandes áreas de xestión. A primeira área, Economía e Planificación Urbana, será dirixida por José Manuel Lage, primeiro tenente de alcaldesa, secretario da Xunta de Goberno Local e voceiro municipal. “Lage coordinará as áreas de Economía, Facenda e Planificación Urbana e encargarase da planificación dos grandes temas de cidade, como a fachada marítima”, explicou a alcaldesa.

Desta gran área dependerán as concellerías de Nereida Canosa, quen asumirá as competencias en Innovación Tecnolóxica, Cidade das TIC, AESIA, Mobilidade, Infraestruturas e Parques e Xardíns; Fran Díaz Gallego, responsable de Urbanismo, Rehabilitación, Vivenda e Edificación; Noemí Díaz, que levará Medioambiente, Xestión de Residuos e Limpeza; e Montserrat Paz, quen asumirá as competencias en Interior e Atención Cidadá, Seguridade Cidadá e Tráfico.

A segunda gran área será a do Benestar Social, coordinada por Yoya Neira, segunda tenente de alcaldesa e vicevoceira. “Continuará asumindo as competencias de Benestar social, Participación e Igualdade co obxectivo de seguir avanzando nelas” expuso a alcaldesa. Desta área dependerán Educación e Emprego, competencias asumidas por Juan Ignacio Borrego.

A terceira gran área, Fomento e Promoción da cidade, estará coordinada por Gonzalo Castro, terceiro teniente de alcaldesa. Castro asumirá ademáis as competencias de Cultura, Memoria Histórica e Normalización Lingüística. Del dependerán Manuel Vázquez, responsable de Deportes e Promoción da Vida Saudable; e Diana Sobral, concelleira de Turismo, Comercio, Mercados, Hostalería e Relacións Institucionais.

A alcaldesa, Inés Rey, pasará a asumir de forma directa Barrios, Axenda Urbana e Proxectos Europeos así como a relación con outras administracións. “Tal e como me comprometín na investidura, quero estar máis preto da cidadanía e manter esa senda de diálogo e amabilidade que impulsamos no primeiro mandato” explicou. Rey defendeu que a nova estrutura permitirá mellorar a coordinación do Goberno local e asegurar que damos resposta aos grandes retos da cidade. “Dende hoxe mesmo o novo Goberno local comeza a traballar nesa segunda gran modernización da Coruña” concluíu a alcaldesa.